Friday 26 de April de 2024

Cariño conmemora o Día do Libro con opcións culturais para estudantes e público en xeral


· O venres 22 de abril haberá animación musical para o alumnado do colexio e o xoves 28 de abril unha charla concerto sobre a lingua galega no música rap para os do instituto.

· O propio día 23 de abril Magín Blanco estreará o seu novo espectáculo ‘ Caderno de cores e cancións’ no auditorio municipal.

O Concello de Cariño decidiu conmemorar o Día do Libro (23 de abril) cunha programación que inclúe opcións culturais para os estudantes do municipio e tamén para o público en xeral.

Así, o venres 22 de abril ás 12:45 horas péquea ‘ Disco’ de Moc Moc Producións chegará ao CEIP de Cariño para ofrecer a todo o alumnado do centro o seu espectáculo de animación musical, clown e xogos e coreografías guiadas. Doutra banda, os estudantes do IES de Cariño asistirán o xoves 28 de abril, ás 12 horas, a unha charla conciertosobre a lingua galega no música rap a cargo de García MC & Nación Quilombo.

O propio 23 de abril, Día do Libro, ás 12 horas Magín Blanco estreará o seu novo espectáculo musical ‘ Caderno de cores e cancións’ no auditorio municipal. Unha función gratuíta e para todos os públicos na que se fai un percorrido musical e literario polas cancións, construíndo un universo persoal e colectivo que permitirá xogar con elementos sinxelos como as melodías, as harmonías e a musicalidade poética das rimas.